CIG-Servizos gaña as eleccións en Ecourense
CIG-Servizos gañou as eleccións sindicais en Ecourense, concesionaria da limpeza viaria e da recollida do lixo no Concello ourensán, tras obter tres representantes no comité de empresa. UGT conseguiu o mesmo número de delegados pero menos votos, mentres que USO, CSIF e CC.OO acadaron un representante cada unha.
“Este resultado é un apoio á acción sindical levada adiante pola nosa organización coa convocatoria de folga tras o despedimento e posterior readmisión da compañeira que encabezaba a nosa candidatura”, salienta nun comunicado a CIG de Ourense.
O sindicato nacionalista incrementou o número de votos en máis do 100% e todo malia as presións da xerencia sobre os traballadores contratados para favorecer a lista da UGT.
| VOTOS | DELEGADOS NO COMITÉ |
CIG-SERVIZOS | 55 | 3 |
UGT | 52 | 3 |
USO | 25 | 1 |
CSIF | 18 | 1 |
CC.OO | 15 | 1 |
Novas relacionadas:



