Convocada en Ferrol unha asemblea do persoal de limpeza de edificios da provincia
Segundo explica Cristina Martínez Ces, secretaria comarcal de Ferrol, unha das reivindicacións históricas do sector é a consecución dun convenio de ámbito galego. Este será un dos puntos que se han abordar na asemblea do 4 de xaneiro.
Do mesmo xeito que acontece na provincia da Coruña, en Lugo e Pontevedra tamén expirou a vixencia do convenio sectorial a finais do ano pasado, circunstancia que non pode pasar desapercibida e que debe servir para unir forzas.
“A negociación do novo convenio é moi importante, dado que a patronal quere intentar recortar os dereitos adquiridos, coa desculpa da crise. Sempre é importante a participación. Hoxe, máis que nunca, necesitamos a participación maioritaria de todas e todos para mellorar as nosas condicións de vida e traballo”, salienta Martínez Ces.




