CIG-Servizos de Vigo organiza asembleas informativas sobre a folga xeral

Folga xeral, manifestación en Ferrol
CIG-Servizos de Vigo convoca o 19 de xaneiro dúas asembleas informativas dirixidas ao conxunto da afiliación e que versarán sobre a folga xeral do día 27. As reunións hanse desenvolver no salón de actos da Unión comarcal, no número 47 da rúa Gregorio Espino, en horario de mañá e tarde (ás 10:00 e ás 17:00 horas).
18/1/11.

A folga xeral convocada pola CIG para o 27 de xaneiro é unha resposta contra as políticas antisociais promovidas desde o poder e, en concreto, en repulsa polas pretensións do Goberno español de aumentar a idade de xubilación e de incrementar o cómputo de anos para calcular a pensión.