O TSXG desestima a impugnación do convenio de instalacións deportivas

Mobilización_convenio_deportes_autor_Pixelin
A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza desestimou a demanda de impugnación do convenio autonómico de instalacións deportivas que presentara a Federación Galega de Empresarios de Ximnasios. Por outra banda, non houbo avinza na mediación sobre a interpretación do convenio. Porén, as negociacións retomaranse o 10 de febreiro.
03/2/11.

CIG-Servizos convoca unha asemblea de delegados e delegadas do sector, que tamén está aberta ao resto da afiliación, o 9 de febreiro no local do sindicato en Compostela. Na xuntanza, que comezará ás 16:30 horas, informarase sobre cuestións relacionadas coa mediación cos empresarios, acerca da situación do sector ou sobre os problemas cos que os traballadores se atopan nas instalacións.