CIG-Servizos renova a maioría absoluta na limpeza dos colexios públicos de Vigo

protesta_pleno_empregadas_limpeza_colexios_vigo.jpg
A Federación de Servizos da CIG revalidou o 11 de febreiro a maioría absoluta en Linorsa no centro de traballo da limpeza dos colexios públicos de Vigo. A central nacionalista acadou cinco representantes no comité, dous UGT e CC.OO outros dous. As inxerencias do Concello, as presións da empresa e a complicidade de UGT con todas esas prácticas non impediron unha nova vitoria da CIG-Servizos, sindicato maioritario no comité desde hai 20 anos.
14/2/11.

A participación alcanzou o 98% ao votaren 152 operarias das 155 do censo.

 

Votos

Representantes

CIG-Servizos

82

5

UGT

40

2

CC.OO

28

2

Inxerencia municipal

CIG-Servizos de Vigo responsabiliza o concelleiro Santos Héctor, antigo secretario comarcal de UGT, de non asinar o acordo que supuxo desconvocatoria da folga “para así poder montar unha candidatura pola UGT con traballadoras contratadas e con persoal que non acudiu á folga”.

Nas votacións, os encargados e Linorsa, conxuntamente con UGT, “fixeron un desembarco de empregadas que previamente manipularan ameazándoas con que non ían contar con elas para traballar no próximo curso”, indica a secretaria comarcal da CIG-Servizos, María do Tránsito Fernández.

“A CIG segue tendo a maioría e demostramos que hai 82 compañeiras que non foron manipuladas, que se mantiveron firmes e que demostraron co seu voto o apoio á central sindical”.

Fernández adiantou que proseguirán as mobilizacións diante do Concello, así como a campaña en contra do alcalde, para conseguir a ampliación do horario que permita ás traballadoras acceder a unha xubilación digna.