CIG-Servizos mobilízase en contra dos despedimentos no Gran Hotel de Lugo

Contra os despedimentos no Gran Hotel de Lugo 4
Militantes da CIG-Servizos de Lugo realizaron o 17 de febreiro unha concentración diante do Gran Hotel, sito na rúa Ramón Ferreiro, en repulsa polo despedimento recente de 12 empregados. Ese mesmo día, o persoal secundou un paro dunha hora.
17/2/11.

“Na CIG non temos a seguridade de que non vaia haber máis despedimentos”, informa nun comunicado Xosé Paz, secretario comarcal da Federación. “Esta situación –prosegue- pode agachar unha redución de persoal para a posíbel venda da empresa”.

“Dende a CIG-Servizos amosamos o rexeitamento ante estes abusos contra os traballadores/as das empresas (SERALSA e PROALSA), do Grupo de Empresas Martínez Núñez, sobradamente coñecido por todos nós despois da campaña de mobilizacións levadas a cabo polos operarios de Hormigones La Estrella, aos que o Xulgado do Mercantil extinguiu os seus contratos de traballo”, puntualiza o comunicado.