Geriatros despide un traballador que pedira a adecuación do posto por diminución de capacidade

Concentración Geriatros en Chantada 21-02-2011
A residencia Geriatros de Chantada despediu un traballador que solicitara a adecuación do seu posto debido a uns problemas de saúde. O xeriátrico aduce causas obxectivas para lle rescindir o contrato amparándose nun informe da mutua Fraternidad-Muprespa que non o considera apto para o traballo. Porén, CIG-Servizos de Lugo mantén que o INSS rexeitou unha solicitude de invalidez ao empregado porque entende que si reúne as condicións necesarias para traballar.
21/2/11.

Sindicalistas da CIG-Servizos de Lugo concentráronse o 21 de febreiro por espazo dunha hora ás portas desta residencia de anciáns chantadesa. Xosé Paz, secretario comarcal, explica que a Federación ha levar adiante un calendario de mobilizacións que se ha materializar en protestas diante da mutua, no exterior do xulgado o día da vista e mesmo ante a Xunta de Galiza nunha acción coordinada a nivel nacional.