O sindicato renova a maioría na recollida do lixo e limpeza viaria de Vigo

FCC logo
CIG-Servizos revalidou a súa maioría no comité de Fomento de Construcciones y Contratas, empresa concesionaria do servizo de recollida do lixo e da limpeza viaria de Vigo. A central nacionalista obtivo 8 delegados, mentres que CC.OO conseguiu 4, o mesmo número de representantes que USO. Unha lista independente fíxose co único delegado que había en xogo no colexio de técnicos.
29/3/11.

As votacións para elixir os representantes no comité de empresa realizáronse o 24 de marzo e nelas estiveron chamados a participar 402 traballadores e traballadoras. Os resultados foron os seguintes:

Colexio de especialistas e non cualificados

Sindicato

Votos

Delegados/as

CIG-Servizos

196

8

CC.OO

97

4

USO

93

4

No colexio de técnicos e administrativos, unha candidatura independente obtivo o delegado en liza.

A Federación considera moi positivo seguir tendo maioría de delegados no comité, circunstancia que reflicte o bo facer ao longo destes anos. “É de vital importancia ter maioría en sectores como a recollida viaria, ou calquera contrata, porque iso fai que a central sindical teña poder ante calquera administración pública”, asevera María do Tránsito Fernández, secretaria comarcal de Vigo.