CIG-Servizos obtén maioría absoluta nas instalacións deportivas do Concello da Coruña

partido_futbol.jpg
CIG-Servizos gañou as eleccións sindicais celebradas o 29 de marzo na empresa Sermasa, encargada da xestión das instalacións deportivas dependentes do Concello da Coruña. A Federación obtivo tres dos cinco representantes do comité de empresa, mentres que UGT e CC.OO conseguiron un cada unha.
31/3/11.

Este resultado avala a acción desenvolvida polo sindicato no conflito rexistrado o ano pasado nas instalacións deportivas de todo o País a prol dun convenio para o sector. Nesta loita, a Federación estivo a apoiar desde o primeiro momento os traballadores e traballadoras tanto nas mobilizacións puntuais como na folga indefinida que realizaron e que finalmente rematou coa consecución do convenio.

CIG-Servizos agradece a confianza depositada polos empregados/as na candidatura da central e manifesta que ha continuar a defender os dereitos de todo o persoal e a vixiar o cumprimento do convenio.