Persoal de Emafesa mobilízase en demanda dun convenio que contemple melloras salariais

emafesa_ferrol.jpg
Os traballadores e as traballadoras de Emafesa (Empresa Mixta de Augas de Ferrol, S.A.) comezaron na mañá do 30 de marzo as mobilizacións en contra da conxelación das retribucións e a prol da sinatura dun novo convenio que recolla melloras salariais e sociais. O 2 de abril desenvolverase unha asemblea no local da CIG de Ferrol para determinar o calendario de protestas.
31/3/11.

O persoal de Emafesa (sociedade participada polo Concello e Urbaser) acordou iniciar mobilizacións logo de que rachase a mesa de negociación semanas atrás. Os empregados e a CIG-Servizos lamentan a falta de apoio amosada por parte da administración local pois a vixencia do convenio rematou en decembro de 2008 e desde entón estase a negociar un novo. As táboas salariais tampouco se revisaron nestes anos.

O membro da Executiva Confederal Francisco Cartelle explica que a empresa pretende rebaixar os salarios ofrecendo un incremento por debaixo do IPC e empeorar as condicións laborais.