A Federación consegue toda a representación nas instalacións deportivas da Malata

20080229_deportes_ferrol_01
CIG-Servizos obtivo os tres delegados de persoal que se disputaban nas eleccións celebradas o 7 de abril en Serviocio, no seu centro de traballo das instalacións deportivas municipais da Malata, en Ferrol. Nas votacións participou o 80% do censo electoral.
09/4/11.

CIG-Servizos de Ferrol agradece aos compañeiros e compañeiras a confianza depositada na  candidatura  da central e, ao mesmo tempo, manifesta a súa vontade de seguir a loitar ao seu lado, como veu facendo desde que comezou a loita polo convenio digno. A Federación, igualmente, velará polo cumprimento deste texto que tanto custou conseguir.