Os salarios incrementaranse un 5% para o persoal do convenio de atención ás persoas dependentes
Coa presente resolución, a Audiencia Nacional estimou unha demanda de conflito colectivo presentada contra as patronais FED, FNM e LARES.
Discrepancias no convenio galego
Na xuntanza do 8 de abril da comisión paritaria do convenio galego de axuda a domicilio manifestáronse novamente as discrepancias no tocante á interpretación do complemento de distancia e, concretamente, na determinación do concepto “centro de traballo”. Os sindicatos consideran que este debe entenderse como a oficina ou delegación da empresa alí onde a haxa e, de non habela, o concello, a empresa principal ou institución para quen se presten os servizos ou, en defecto dos anteriores, deberíase estabelecer un centro de referencia. Pola contra, para os empresarios centro de traballo é “o primeiro domicilio do primeiro usuario, así como o último domicilio do último usuario”. Ademais, os patróns entenden que os desprazamentos entre os mencionados puntos e o domicilio do traballador non deben ser remunerados.



