CIG-Servizos solicita un embargo preventivo para que cobren os empregados do Pazo de Libunca

cristina_martinez_padin_fran_cartelle.jpg
O persoal do Pazo de Libunca aínda non percibiu parte dos salarios de decembro e xaneiro. Esta circunstancia levou a CIG-Servizos a solicitar un embargo preventivo das cantidades que varias entidades e partidos políticos teñen pendentes de pagamento con este estabelecemento hostaleiro naronés, propiedade da deputada autonómica do PP Natalia Barros. Os días 16, 22 e 23 de abril hai convocados paros de 24 horas.
13/4/11.

CIG-Servizos, co propósito de que se garanta o abono dos salarios, quere que se embarguen as cantidades pendentes de pagamento ao Pazo por parte do PP de Narón, Ferrol ou Compostela, ademais do propio concello naronés, a Deputación Provincial ou o Rotary Club. Así o manifestaron nunha comparecencia de prensa os membros das executivas Federal e Confederal Cristina Martínez Padín e Francisco Cartelle, respectivamente.

A empresa acolleuse a un ERE temporal feito a medida, pois non se acreditan as causas obxectivas alegadas pola sociedade. Finalmente, o expediente de regulación foi aprobado pola Xunta malia o rexeitamento do cadro de persoal e do informe negativo da Inspección de Traballo.