Continúan as protestas dos traballadores de Emafesa

concentracion_emafesa_14-04-2011.jpg
Persoal da Empresa Mixta de Augas de Ferrol, Emafesa, prosegue coas mobilizacións en demanda dun novo convenio que contemple melloras salariais e sociais. O 14 de abril desenvolveuse unha concentración diante da sede da compañía e, para o 19 deste mes, hai convocado un paro de 11:00 a 14:00 horas, que coincidirá cunha protesta ás portas do Concello.
14/4/11.

O persoal de Emafesa (sociedade participada polo Concello e Urbaser) acordou iniciar mobilizacións logo de que rachase a mesa de negociación semanas atrás. Os empregados e a CIG-Servizos lamentan a falta de apoio amosada por parte da administración local pois a vixencia do convenio rematou en decembro de 2008 e desde entón estase a negociar un novo. As táboas salariais tampouco se revisaron nestes anos.

 “Por se fose pouco, a empresa pretende rebaixar os salarios ofrecendo un incremento por debaixo do IPC e empeorar as condicións laborais”, expresa nun comunicado a secretaria comarcal de Organización, Rocío Doce.