O sindicato aumenta considerabelmente as delegadas no comité pontevedrés de Zara
A Federación de Servizos da CIG pasou de ter dúas a cinco delegadas no comité de Zara da provincia de Pontevedra logo dos resultados acadados nas eleccións celebradas o 14 de abril. A central nacionalista convértese na segunda máis votada, a tan só sete papeletas de CC.OO, na segunda ocasión en que presenta candidatura.
María do Tránsito Fernández, secretaria comarcal de Vigo, avalía de maneira moi satisfactoria os presentes resultados: “Demostran que o bo facer e a folga do ano pasado deron o resultado esperado”. A responsábel da Federación non dubida en que a perda de votos dos sindicatos españois tamén se debeu ao seu apoio ás reformas do Goberno do Estado.
Resultados nas eleccións do comité provincial pontevedrés de Zara:
| VOTOS | DELEGADAS |
CC.OO | 75 | 5 |
CIG-Servizos | 68 | 5 |
UGT | 35 | 2 |
Candidatura independente | 17 | 1 |