O persoal do Pazo de Libunca prosegue coas xornadas de folga

Pazo de Libunca
Os traballadores e traballadoras do Pazo de Libunca, pertencentes á empresa N. Barros Gestión Hotelera, secundaron novas xornadas de folga os días 22 e 23 de abril como medida de protesta polos impagamentos que veñen sufrindo desde hai meses.
25/4/11.

Francisco Cartelle, membro da Executiva Confederal, critica a actitude da patroa e deputada do PP Natalia Barros “que non é quen de por fin a este conflito e regularizar a situación do persoal e pagar os salarios adebedados”.

“É evidente” –prosegue- “que a defensa dos intereses dos traballadores e traballadoras que predica o PP nos seus mitins electorais non se corresponde coa actitude dalgúns persoeiros da súa organización política”. Cartelle tamén critica a nula sensibilidade da conselleira do Mar, Rosa Quintana, que adoita hospedarse no Pazo de Libunca.