Os empregados de Emafesa maniféstanse en demanda dun convenio xusto

19042011001.jpg
Persoal da Empresa Mixta de Augas de Ferrol (EMAFESA), participada nun 51% polo Concello e nun 49% por Urbaser, continuou o 19 de abril co calendario de mobilizacións para demandar a negociación dun novo convenio que recolla melloras salariais e laborais. Desta volta, o persoal realizou un paro laboral de tres horas e partiu en manifestación até as portas do Concello, onde mantivo un encontro co alcalde.
25/4/11.

A central nacionalista oponse á proposta de convenio presentada pola empresa pois suporía unha perda de poder adquisitivo para os traballadores e traballadoras. Francisco Cartelle, membro da Executiva Confederal, recorda que o cadro de persoal leva tres anos padecendo a conxelación das táboas salariais. No entanto, os veciños e veciñas de Ferrol seguen a pagar cada vez máis polas facturas da auga.