Os asuntos propios non contan como tempo traballado e terán que recuperarse na seguridade privada

P1490056_grande.jpg
Os días de asuntos propios non computan como tempo efectivo de traballo e deberán recuperarse aos efectos do cumprimento da xornada laboral no convenio de seguridade privada. Así o resolveu o Tribunal Supremo ao estimar o recurso de casación que presentara Securitas contra unha sentenza da Audiencia Nacional, agora anulada, que lles daba a razón aos sindicatos neste tema.
26/4/11.

Coa presente resolución, o Tribunal Supremo puxo fin ao litixio sobre a interpretación do artigo 46. j) do convenio de seguridade privada do período 2005-2008, precepto que xa fora obxecto de dúas mediacións no SIMA, que remataron sen acordo.

A parte social presentara en abril de 2010 unha demanda de conflito colectivo na Audiencia Nacional, que lles daría a razón aos sindicatos a través da sentenza 055/2010, agora anulada polo fallo do Tribunal Supremo.