Arrinca a cuarta edición do ciclo “Saíndo da fábrica”

A folga, filme de Sergei Eisenstein
A cuarta edición do ciclo de cinema obreiro “Saíndo da fábrica”, que organiza a CIG-Servizos coruñesa ininterrompidamente desde 2008, comeza o 5 de maio coa proxección do filme soviético “A folga”, de Sergei Eisenstein. Os venres haberá debates e coloquios ao remate das películas. O Forum Metropolitano ha ser novamente o local onde se pasen os filmes.
03/5/11.

A entrada para o público xeral é de 3 euros e de 2 para a afiliación da CIG, xubilados, desempregados e portadores do Carné Xove.

Programación de películas:

  • 5, 6 e 7 de maio, Stachka (A folga), de Sergei Eisenstein, (V.O.S. en español).
  • 12, 13 e 14 de maio, Salt of Earth (O sal da Terra), de Herbert Biberman (V.O.S. en español).
  • 19, 20 e 21 de maio, Mundo grúa, de Pablo Trapero, (V.O. en español).
  • 26, 27 e 28 de maio, Rocco e i suoi fratelli (Rocco e os seus irmáns), de Luchino Visconti  (V.O.S. en español).

HORARIOS: xoves, 20:15; venres, 20:15; sábado 17:15 e 20:15. 

· STACHKA (A FOLGA)

De Sergei Einsenstein. Con Ivan Kliukvin.

URSS, 1924 - 1 h 21 min - V.O.S en castelán - B/N

TODOS OS PÚBLICOS

Primeira película dirixida por Eisenstein na que xa se anticipa o que o xenio ruso ía revolucionar no cine. Filme de clara propaganda comunista, na que a clase obreira, oprimida polas clases dominantes, se ergue para loitar pola súa dignidade e polos seus dereitos.

 

· SALT OF THE EARTH

(O SAL DA TERRA)

De Herbert Biberman. Con Rosaura Revueltas.

Estados Unidos, 1954 - 1 h 38 min - V.O.S en castelán - B/N

NRM 14 anos

Controvertido melodrama semidocumental que tivo innumerables problemas durante e despois da rodaxe; o director, o produtor, o guionista, o compositor e o actor Will Geer estaban, naquela época, na "lista negra" do comité de actividades antiamericanas do senador McArthur.

 

· MUNDO GRÚA

De Pablo Trapero. Con Luis Margani.

Argentina, 1999 - 1 h 30 min - V.O.S en castelán - B/N

TODOS OS PÚBLICOS

Primeira longametraxe do arxentino Pablo Trapero. As súas premisas son contar unha historia simple, de modo simple, con personaxes cribles.

 

· ROCCO E I SUOI FRATELLI

(ROCCO E OS SEUS IRMÁNS)

De Luchino Visconti. Con Alain Delon.

Francia, Italia, 1960 - 2 h 30 min - V.O.S en castelán - B/N

NRM 13 anos

A partir da traxedia dunha familia do sur que se traslada a Milán, Viconti explora as relacións de oposición e os conflitos entre zonas subdesenvolvidas e zonas industriais, entre as zonas rurais e as zonas urbanas.