Iníciase en Lugo unha campaña de denuncia do acoso en Carrefour
O secretario comarcal da Federación, Xosé Paz Fernández, expresa a súa preocupación polos tres despedimentos que esta multinacional francesa efectuou recentemente en Lugo: “Nesta empresa está sendo unha práctica habitual o despedimento de traballadores con certa antigüidade”. Acúsaa, ademais, de utilizar todo tipo de argucias para botaren os empregados, “mesmo empregando medios de dubidosa legalidade, como gravacións en vídeo”.
Por outra banda, os empregados e empregadas que traballan no Carrefour lugués temen que a sociedade prescinda de servizos que prestan compañías externas: “Agora mesmo xa se fala de rescindir o servizo de limpeza, do que actualmente é adxudicataria Serlimat Española”, circunstancia que provocaría a perda de moitos postos, segundo relata o secretario comarcal.




