Continúan as protestas de repulsa ante os despedimentos en Carrefour
“Detrás destes despedimentos agóchase unha intención clara de precarizar o traballo, pois despediron tres traballadoras cunha ampla antigüidade, que seguramente suplirán con contratacións en precario”, aclara Xosé Paz, secretario comarcal da Federación.
A preocupación aumenta en relación cos rumores sobre a rescisión de contratos e mesmo a supresión de servizos realizados por empresas auxiliares como no caso da limpeza, cuxa eliminación ocasionaría a perda de máis dunha decena de postos.
“Se estes despedimentos se confirman e esta situación de inestabilidade e precariedade continúa, imos responder defendendo os postos e condicións de traballo e trasladaremos as mobilizacións ao propio centro comercial”, subliña Paz.




