Difundidos os horarios e puntos de partida da “Marcha galega polo emprego”

Folga xeral, manifestación en Vigo (29-09-2010)
A CIG deu a coñecer os horarios e lugares de onde sairán os participantes na “Marcha galega polo emprego”, unha iniciativa que pretende mobilizar desempregados de todo o país que irán a pé até Compostela desde Ferrol, A Coruña, Cee, Lugo, Pontevedra, Vigo e Ourense. Unha vez que alcancen a capital nacional, o 3 de xullo, tomarán parte nunha manifestación.
14/6/11.

Lugares, datas e horarios de saída:

Ferrol: 29 de xuño dende a Avenida de Esteiro (local da CIG).

Lugo: 29 de xuño dende a Rolda da Muralla (Edificio sindical).

Ourense: 29 de xuño ás 9.30 horas dende o Pavillón dos Remedios.

Vigo: 30 de xuño dende Gregorio Espino (local da CIG).

A Coruña: 30 de xuño ás 10.00 horas dende Alfonso Molina (Edificio sindical).

Cee: 30 de xuño ás 10.00 horas dende O Son (local da CIG).

Pontevedra: 1 de xullo dende Pasantería (local da CIG).