A Federación consolida a maioría absoluta entre o persoal de xardinaría do Concello de Vigo

Cespa logo
CIG-Servizos conseguiu seis delegados, un máis que hai catro anos, nas eleccións de Cespa no centro de traballo do servizo de conservación das zonas verdes do Concello de Vigo. UGT, con tres representantes, é a outra central presente no comité. Nas votacións, que se desenvolveron o 27 de xuño, participou máis do 98% do persoal con dereito a sufraxio.
28/6/11.

Emitiron o seu voto 104 traballadores/as de 106 (98%). Contabilizáronse oito papeletas en branco e unha nula.

O resultado foi o seguinte:

SINDICATO

VOTOS

DELEGADOS/AS

CIG-Servizos

67

6

UGT

28

3

O traballo feito polo sindicato nos últimos anos, coa mellora das condicións dos empregados e empregadas a través do convenio colectivo, contribuíu de maneira moi importante a que o cadro de persoal se decantase pola candidatura da CIG-Servizos.

“Agradecemos o apoio das compañeiras e compañeiros que se presentaron pola nosa central e, por suposto, continuaremos loitando para seguir acadando melloras sociais e económicas”, afirma María do Tránsito Fernández, secretaria comarcal en Vigo.