CIG-Servizos vence en Serunión nas eleccións ao comité provincial coruñés

Eleccións sindicais
CIG-Servizos acadou maioría absoluta ao conseguir 7 dos 13 delegados do comité de empresa de Serunión na provincia da Coruña. O órgano de representación do persoal, que é de nova creación, tamén contará coa presenza de UGT, que obtivo os seis delegados restantes. A Federación congratúlase por estes resultados excelentes e agradece a confianza depositada na súa lista.
30/6/11.

A central convértese no sindicato máis representativo nesta empresa, na que xa contaba con delegados en distintos centros espallados pola provincia coruñesa. De nada serviron as fortes presións sobre os e as candidatas da CIG-Servizos, nin o feito de que a compañía favorecese descaradamente UGT en todo o proceso electoral.

Serunión é unha empresa de hostalaría dedicada principalmente á xestión dos comedores de escolas, de empresas e doutras entidades.