O sindicato pasa de unha a cinco delegadas e obtén a maioría absoluta en Cortefiel da Coruña
Cómpre salientar a alta participación rexistrada, que estivo arredor do 80%. Unha das particularidades deste grupo radica no grande número de centros que ten espallados e no pouco persoal que traballa neles.
CIG-Servizos considera este resultado froito da loita en solitario da delegada e dunha estratexia de unidade de acción sindical que, de maneira miserábel, se esforzou en romper a empresa. O Grupo Cortefiel quixo montar directamente unha candidatura de CC.OO, sindicato que no sector do comercio na provincia da Coruña xa se está convertendo nun clásico do máis rancio amarelismo, que pon toda a súa estrutura a disposición das empresas sen ningún rubor.
O comité quedará composto da seguinte maneira:
CIG-Servizos 5 membros
UGT 4 membros