Aprazado o xuízo contra Adolfo Naya

20110628 Concentración solidaria na Delegación do Goberno español (foto www.galizacontrainfo.org)
A maxistrada do Xulgado do Penal nº5 da Coruña adiou sine die a vista contra Adolfo Naya ante a imposibilidade de celebrala en tan só media hora, duración que lle asignara na súa axenda. A xuíza tomou esta decisión tras ouvir o anuncio da avogada defensora de que ía presentar dúas testemuñas no propio acto.
14/7/11.

O compañeiro estivo arroupado por ducias de traballadores e traballadoras, delegados, sindicalistas, amizades e familiares que se achegaron até o edificio dos xulgados desde diferentes puntos do país para amosarlle o seu apoio, respecto e cariño.

Lembremos que a Fiscalía pide para Naya catro anos de prisión por un lance ocorrido en xaneiro de 2010 na piscina da Barcala (Cambre), no decurso da folga das instalacións deportivas. O Ministerio público acúsao de impedir o acceso de traballadores ao recinto, extremo completamente falso. O fiscal tamén lle imputa infundadamente a comisión dunha falta de danos, valorados en menos de 100 euros.