O sindicato presenta un conflito colectivo no convenio de instalacións deportivas

20091126_folga_deportes_corunha
CIG-Servizos vén de presentar ante a Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta unha papeleta de conflito colectivo fronte á patronal AXIDEGA para que se dirima unha serie de discrepancias na interpretación de varios artigos do convenio galego de instalacións deportivas. A central tamén solicitou que sexan citados ao acto de conciliación, previo á vía xudicial, os sindicatos UGT e CC.OO.
16/7/11.

Os artigos do convenio nos que existe discordia son o 26 (Xornada de traballo), o 27 (Descanso semanal e festivos) e mais o 35 (Complemento de transporte).

A Federación de Servizos da CIG entende que o persoal contratado a tempo parcial ten dereito ao cobro íntegro do complemento de transporte e non ao cobro proporcional ao tempo traballado. Tamén considera que os empregados contratados a menos de 30 horas teñen dereito a unha xornada regular diaria non susceptíbel de variación de acordo á súa consideración semanal, mensual ou anual.

Por último, CIG-Servizos interpreta que a semana debe entenderse de luns a domingo a efectos do descanso semanal mínimo ininterrompido de dous días que estabelece o convenio.

AdxuntoTamaño
Papeleta de conflito colectivo2.55 MB