Linorsa despide máis traballadoras da limpeza dos colexios vigueses
Esta terríbel represalia acontece despois de que unha delegada do comité fose despedida hai escasos meses baixo acusacións inxuriosas de ter insultado unha compañeira.
Este comportamento mesquiño de Linorsa é unha vinganza contra estas operarias por participaren na folga a prol da ampliación da xornada laboral, que se estendeu durante 23 días durante o curso escolar pasado. Todas elas son fixas-descontinuas, ao permaneceren no paro os meses de xullo e agosto. Dáse a circunstancia de que moitas delas teñen cargas familiares e non teñen nin prestación por desemprego, denuncia María do Tránsito Fernández, secretaria comarcal da Federación. A sindicalista acusa de novo a empresa de non respectar os dereitos das traballadoras e de actuar antisindicalmente co beneplácito do Concello de Vigo.




