CIG-Servizos rexeita a supresión dos cursos de ximnasia e natación para os maiores vigueses
O comunicado inquire o Goberno local a que explique por que motivo vai prescindir deste servizo concibido para mellorar a calidade de vida da xente de idade avanzada. A nota tamén lle reprocha ao Concello por que gardou silencio, máxime cando hai uns días se aprobaron os novos orzamentos.
A Sección Sindical solicitará reunións coa concelleira de Cultura, Festas e Políticas de Benestar, Isaura Abelairas, e coa dirección do Instituto Municipal dos Deportes, organismo encargado da xestión das piscinas e pavillóns municipais.
CIG-Servizos vai celebrar unha asemblea cos traballadores e traballadoras ao longo desta semana para informar da gravidade da situación.




