Presentada unha papeleta de conflito colectivo no convenio galego de axuda a domicilio
A parte social sostén que, en cumprimento dos artigos 41 e 44 do convenio de aplicación, os traballadores teñen o dereito a percibiren un incremento retributivo do 5% para o ano 2011 respecto dos conceptos das táboas salariais de 2010, con excepción dos complementos de antigüidade, de domingos e festivos e de dispoñibilidade.
O convenio tamén avala a tese dos sindicatos sobre o dereito dos empregados a cobraren, durante 2011, unha retribución de 18 euros polo complemento de domingos e festivos, importe que se aboará por cada xornada traballada durante eses días, independentemente das horas.
Xa en maio pasado, unha reunión da comisión paritaria debateu sobre este mesmo tema mais rematou sen entendemento posíbel entre as partes.
A papeleta de conciliación foi rexistrada polos sindicatos o 13 de setembro ante a Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta. Está previsto que este acto, previo á vía xudicial, se celebre nos vindeiros días.
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| Papeleta de conciliación sobre conflito colectivo na axuda a domicilio | 1.14 MB |




