Retómanse as protestas contra os despedimentos no Carrefour de Lugo

20110920_carrefour_lugo
CIG-Servizos de Lugo protagonizou, o 20 de setembro, unha protesta nas instalacións do Carrefour da cidade para denunciar os despedimentos de tres empregadas da sección de chacinaría ocorridos meses atrás. A central retoma así o calendario de mobilizacións, iniciado en maio, coincidindo coa proximidade da celebración do xuízo.
21/9/11.

Non existe motivo xustificado para que Carrefour adoptase tales medidas. Pola contra, detrás dos despedimentos agóchase a intención de avanzar no proceso de precarización do traballo.

Esta concentración supón a continuación doutras mobilizacións anteriores nos meses de maio e xuño diante da sede do SMAC de Lugo, datas nas que tiveron lugar as conciliacións polos despedimentos. Agora, coincidindo coa proximidade da celebración dos xuízos, a Federación retoma as mobilizacións para manifestar o desacordo con estas medidas e esixir a readmisión das compañeiras.