Prosegur acosa un traballador por ir nas listas da CIG-Servizos

20090225_prosegur_agrela_07.jpg
A empresa de seguridade Prosegur trasladou de centro un afiliado como represalia por ter participado na candidatura da CIG-Servizos nas eleccións sindicais. A Federación comarcal de Ferrol convoca unha concentración contra o acoso laboral e en solidariedade co compañeiro que se ha desenvolver o 2 de novembro, ás 09:00 horas, fronte aos xulgados da cidade, onde nese momento se vai celebrar a vista por este caso.
28/10/11.

O acoso desencadeouse desde o intre en que o empregado decidiu participar na lista da CIG-Servizos. “A partir dese momento e despois de máis de 10 anos de traballo no mesmo posto, casualmente Prosegur trasladouno de centro”, manifestan desde a Federación comarcal.

A central non van consentir este tipo de comportamento ás empresas e, ademais, vai empregar todos os medios ao seu alcance para impedir que situacións coma esta se volvan repetir. Por último, CIG-Servizos quere trasladar todo o seu apoio ao compañeiro afectado por esta represalia patronal.