Persoal das contratas do Concello de Vigo traslada as reivindicacións ao pleno
Un grupo de traballadores de distintas concesionarias do Concello de Vigo trasladou ao pleno do 28 de novembro as protestas contra a intención do Goberno local de introducir recortes nos servizos municipais. O alcalde non permitiu que unha representación da CIG-Servizos tomase a palabra para preguntar pola redución dun 10% no canon que o Concello paga ás empresas, medida que podería implicar a perda de 180 postos e un deterioro ostensíbel da calidade dos servizos.
Persoal de concesionarias municipais como Linorsa, Cespa ou FCC aproveitou o pleno para facer visíbeis os conflitos laborais abertos co Goberno local. Nesta ocasión o rexedor vigués optou por non suspender a sesión, a pesar das protestas do colectivo de traballadores.
A decisión de acudir ao pleno foi adoptada na última xuntanza que mantiveron os delegados e delegadas da CIG-Servizos nas distintas contratas.




