O TSXG estima o conflito colectivo presentado nas instalacións deportivas
A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza estimou a demanda de conflito colectivo que presentara a CIG-Servizos sobre a interpretación e aplicación de varios preceptos do convenio galego de instalacións deportivas relacionados coa xornada, descansos e a percepción do complemento de transporte. Este pronunciamento xudicial coincide coas pretensións contidas na demanda do sindicato.
O Tribunal Superior de Xustiza declarou no seu fallo que:
- O persoal contratado a tempo parcial ten dereito ao cobramento íntegro do complemento de transporte e non ao cobramento proporcional ao tempo traballado.
- O persoal contratado a menos de 30 horas ten dereito a unha xornada regular diaria non susceptíbel de variación en base a súa consideración semanal, mensual ou anual.
- A semana enténdese de luns a domingo a efectos de descanso semanal mínimo ininterrompido de dous días.
Contra a presente sentenza os empresarios só poden interpoñer un recurso de casación perante o Tribunal Supremo.
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| Sentenza do conflito colectivo de instalacións deportivas | 587.48 KB |
Novas relacionadas:




