Varios sindicatos concentraranse contra os abusos en Supermercados DIA
As tres centrais convocantes denuncian nun comunicado que Supermercados DIA leva aplicando desde hai tempo unha política de despedimentos que se manifestou en centros de Noia, Cedeira, A Coruña, Ferrol ou Lugo. Ao mesmo tempo, indican que existen carencias de persoal pois hai estabelecementos que só son atendidos por unha única traballadora.
Do mesmo xeito, Supermercados DIA non cobre as baixas e tamén está a deixar de abonar a nocturnidade, aspecto que vulnera o artigo 37 do convenio colectivo.
Toda esta situación de precariedade laboral, abuso e arbitrariedade contrasta coa conta de resultados de 2010. Nese exercicio, repartíronse 820 millóns de euros en dividendos, as vendas aumentaron un 3´9% e facturáronse 9.588 millóns.
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| Comunicado dos sindicatos | 67.61 KB |




