A folga contra a ampliación dos horarios en Catro Camiños pecha máis do 90% das tendas

20111228_folga_catro_caminhos.jpg
Máis do 90% dos estabelecementos do centro comercial Catro Camiños, na Coruña, pechou na folga do 28 de decembro contra a ampliación do horario de apertura até as 22:00 horas. Agás C&A, todas as tendas do Grupo Inditex, Cortefiel e unha parte importante do pequeno comercio secundaron o paro desenvolvido entre as 21:00 e 22:00 horas. A folga será indefinida a partir do 9 de xaneiro no caso de que a dirección do centro e as multinacionais non desistan dos seus propósitos.
29/12/11.

O éxito dos paros representa unha mensaxe clara ás grandes empresas de distribución comercial (Grupo Inditex, Cortefiel, C&A) para que cesen nas súas pretensións de ampliar o horario de apertura. Este cambio suporá unha modificación da xornada do persoal, que dificultará a conciliación laboral e familiar e, mesmo nalgúns casos, nin sequera terá unha compensación económica. “Todo isto a conta do benestar dos traballadores e traballadoras e da pequena e media empresa”, denuncian desde a CIG-Servizos da Coruña.