Ocupan a sede de Linorsa en Vigo para esixir a readmisión das despedidas na limpeza dos colexios
A protesta estendeuse desde as 11:00 até as 12:45 horas, momento no que axentes da policía española fixeron acto de presenza nas dependencias de Linorsa e identificaron o secretario nacional da Federación, Paulo Rubido.
A compañía segue a negarse a readmitir as 12 despedidas -entre elas unha delegada do comité de empresa cuxo despedimento foi declarado procedente, decisión que foi recorrida- a pesar das xuntanzas mantidas entre as partes na Inspección de Traballo. O sindicato está á espera dunha resolución da autoridade laboral sobre as denuncias acerca das irregularidades detectadas na contratación do persoal.
Tránsito Fernández, secretaria comarcal, criticou a ausencia de diálogo por parte dos responsábeis de Linorsa e, ao mesmo tempo, anunciou máis mobilizacións durante as vindeiras semanas.




