ESABE rebaixa as gratificacións extraordinarias ao persoal

ESABE
A empresa de seguridade privada ESABE Vigilancia rebaixou a contía das gratificacións extraordinarias ao excluír do seu cálculo os pluses de vestiario e transporte. A compañía ampárase no artigo 71 do convenio sectorial e alega que estivo pagando erroneamente estes conceptos. ESABE, non obstante, non é tan dilixente á hora de solucionar os problemas xerados nos cobramentos das nóminas, das pagas, das liquidacións ou no tocante á uniformidade ou aos exercicios de tiro. Mentres, os empregados da provincia de Pontevedra xa convocaron mobilizacións.
04/1/12.

Os traballadores que non teñen as pagas rateadas comprobaron como a empresa lles descontou esta cantidade da gratificación de Nadal. Os que si as teñen sufriron o recorte na nómina de decembro.

CIG-Servizos censura o comportamento hipócrita da empresa pois, mentres aplica o que lle interesa do artigo 71, incumpre co estipulado no 72, que prescribe que os pluses de distancia e transporte e o de vestiario deben ser distribuídos en 15 pagas, aspectos que incumpre ESABE.

Traballadores da compañía na provincia de Pontevedra decidiron convocar mobilizacións de protesta:

  • 10 de xaneiro: ás 10:00 horas, nas oficinas da empresa, na rúa Burgos 21, en Vigo. 
  • 12 de xaneiro: ás 10:00 horas na Deputación de Pontevedra, sita na avenida Montero Ríos, en Pontevedra.

Preme aquí para consultares o convenio.