Dous sindicalistas péchanse na Torre de Hércules en defensa dos seus traballadores
Ao pouco de producirse o encerro dos dous sindicalistas, Sermasa, actual concesionaria, ordenou inexplicabelmente o peche do faro. Ao longo do día houbo tres vixilantes de seguridade privada apostados na porta. Adolfo Naya e o compañeiro da UGT despregaron unha faixa, non sen dificultades por mor do vento, xusto debaixo da lanterna do faro. A pancarta contén o lema “SOS”.
O 15 de xaneiro, data marcada polo Concello para o peche da Torre, haberá unha concentración de apoio aos traballadores e traballadoras, que ese día xa estarán no paro. O acto celebrarase ás 17:00 horas. O persoal fixo un chamamento a toda a cidadanía da Coruña para que participe nesta protesta.




