A Federación insiste en lle rescindir a concesión a Serviasistencia

concentracion_serviasistencia_2.jpg
O persoal de Serviasistencia retomou as mobilizacións para esixir o cobramento dos salarios, que non percibe desde hai máis de tres meses. Un grupo de traballadoras concentrouse o 12 de xaneiro ás portas do Concello de Ferrol. No interior, os compañeiros Francisco Cartelle e Cristina Martínez Padín esixíronlle ao tenente de alcalde José Manuel Vilariño que o Goberno local expediente e lle rescinda o contrato a Serviasistencia.
13/1/12.

Martínez Padín e Cartelle, asemade, entregáronlle ao representante do Concello unha copia das demandas por reclamación de salarios interpostas contra a concesionaria. CIG-Servizos de Ferrol advertiu José Manuel Vilariño que non vai consentir este tipo de comportamentos cara os traballadores e traballadoras.

“Tomaremos as medidas que consideremos oportunas en cada momento para evitar que este tipo de comportamento se volva repetir e para sacar as traballadoras desta situación de indefensión”, manifesta nun comunicado Rocío Doce, secretaria de Organización da CIG-Servizos ferrolá.