Sindicatos e patronal alcanzan un acordo na revisión das táboas da axuda a domicilio

LOGO_CIG-SERVIZOS.JPG
Sindicatos e patronal do sector autonómico de axuda a domicilio celebraron un acto de conciliación no TSXG que rematou con avinza no tocante á revisión salarial de 2011. A suba será do 5% (3% do IPC real de 2010 máis o 2%). O presente acordo supón o arquivo das actuacións do conflito colectivo que presentaran CIG-Servizos, CC.OO e UGT.
16/1/12.

A Comisión Paritaria reunirase o 23 de xaneiro para elaborar as táboas salariais do ano 2011. A cita ha ser na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, en Compostela, ás 12:00 horas.

As partes tamén conviñeron que, unha vez actualizados os salarios deste ano, o 30 de xuño sexa a data límite para o pagamento do 100% dos atrasos e que estes se irán aboando a rateo mensual desde a sinatura das táboas.