A Intersindical-CSC amosa o seu apoio aos sindicalistas que serán xulgados o 18 de xaneiro

Intersindical CSC
A Federació de Serveis da Intersindical-CSC, sindicato nacional de clase dos Països Cataláns irmandado coa CIG-Servizos, emitiu un comunicado de adhesión ás mobilizacións previstas para o 18 de xaneiro en apoio a Adolfo Naya e Marcos Cadórniga. A Federación de Servizos da CIG agradece profundamente esta mostra de solidariedade internacionalista dos e das compañeiras catalás.
17/1/12.

De seguido reproducimos o comunicado difundido pola Federació de Serveis da Intersindical-CSC. O texto orixinal en catalán pode ser consultado aquí:

Compañeiros e compañeiras,

Desde a Federació de Serveis da Intersindical-CSC -e por extensión do conxunto da  organización- queremos expresar o noso apoio ás mobilizacións en defensa da liberdade de acción sindical que está a desenvolver CIG-Servizos.

Como organizacións irmandadas no internacionalismo solidario e a colaboración mutua consideramos os ataques sufridos polos militantes de CIG-Servizos como unha aldraxe a nós mesmos/as.

Así mesmo, queremos expresar a nosa solidariedade e apoio aos compañeiros Adolfo e Marcos e rexeitar abertamente a xudicialización e represión que está a sufrir a lexítima defensa dos dereitos dos e das traballadoras.

Como ben din os e as compañeiras de CIG-Servizos “Defendérmonos como clase é un dereito, non un delito”. Non deixaremos de exercer estes dereitos.

Viva a Clase Traballadora!

Viva Galiza Ceibe!

Visca la Terra!

Federació de Serveis de la Intersindical-CSC