O persoal da Torre prosegue co calendario de mobilizacións
O persoal solicítalle ao Concello que inclúa, no prego de condicións da nova concesionaria, unha cláusula que garanta a súa subrogación. Por outra banda, transcorridos once días desde o peche do faro, aínda non comezaron as obras que teoricamente se ían acometer.
O convenio recoñece a subrogación
O convenio galego de servizos, eventos e producións culturais, de aplicación ao persoal da Torre de Hércules, recolle o dereito de subrogación no artigo 30: “Ao termo da concesión dunha contrata, os/as traballadores/as da Empresa contratista saínte pasarán a ser adscritos/as á nova titular da contrata quen se subrogará en todos os dereitos e obrigacións”. Porén, o Goberno local permanece impasíbel.




