Os antigos empregados da Torre de Hércules péchanse no Consorcio de Turismo

20120201_ocupacion_consorcio_Turismo
Os traballadores despedidos da Torre de Hércules permaneceron unha tarde pechados na sede do Consorcio de Turismo da Coruña co propósito de que os recibise a concelleira do sector ou o alcalde. Os empregados tiveron que pór fin ao encerro por mor da indisposición dunha das compañeiras, que tivo que ser trasladada a un centro hospitalario.
01/2/12.

Este colectivo de traballadores apela á responsabilidade do Concello para rematar coa situación que está a padecer. “Ademais de traballadores tamén somos cidadáns e cidadás da Coruña e a responsabilidade do equipo de goberno é atendernos”, sinalaron os empregados.

Reivindicacións

O persoal solicítalle ao Concello que inclúa, no prego de condicións da nova concesionaria, unha cláusula que garanta a súa subrogación. Por outra banda, aínda non comezaron as obras que teoricamente se ían acometer.

Ademais, o convenio de aplicación recolle o dereito de subrogación no artigo 30: “Ao termo da concesión dunha contrata, os/as traballadores/as da Empresa contratista saínte pasarán a ser adscritos/as á nova titular da contrata quen se subrogará en todos os dereitos e obrigacións”. Porén, o Goberno local permanece impasíbel.