Patronal, UGT e CC.OO queren centralizar en Madrid a negociación da limpeza
CIG-Servizos entende que a centralización da negociación colectiva traería consecuencias nefastas para o sector, pois se porían en perigo os acordos de equiparación e os convenios de ámbito inferior (os provinciais e mais os de empresa).
As materias que nun principio se están a abordar na negociación estatal son a estrutura e concorrencia de convenios, a subrogación, o réxime disciplinario, a formación, a clasificación profesional e as modalidades de contratación.
Concentración en Madrid
Coincidindo coa xuntanza da comisión negociadora, un grupo de sindicalistas da CIG-Servizos e da central vasca ELA desprazouse até Madrid para realizar unha concentración reivindicativa en contra da estatalización da negociación colectiva.
ACTAS DAS REUNIÓNS DA COMISIÓN NEGOCIADORA