Persoal da Torre de Hércules permanece unha noite en vixilia en María Pita

20120301_vixilia_do_persoal_da_torre_de_maria_pita.jpg
Os ex empregados e empregadas da Torre de Hércules continúan adiante coas mobilizacións en defensa dos seus postos e para esixir unha reunión co alcalde da cidade. Nesta ocasión, o persoal realizou unha vixilia na noite do 1 ao 2 de marzo nos soportais da casa consistorial, na Praza de María Pita.
02/3/12.

Os traballadores rexeitan a actitude mantida polo Goberno municipal que, ademais de negarse a recoñecerlles o seu dereito á subrogación, decide agora asumir a xestión directa do servizo a través de contratacións por medio do Consorcio de Turismo.

Mentres, o proceso selectivo comeza o 2 de marzo. Os antigos empregados do faro anunciaron a súa intención de participar mais sospeitan da existencia dunha lista negra cos seus nomes. Inexplicabelmente, o Concello non valora como méritos a experiencia laboral na Torre. Non obstante, o persoal vai proseguir coas protestas na defensa dos seus postos.