Traballadores de SEAGA rozan a maleza no perímetro da casa de Feijoo

20120307_monte_pio_seaga_roce_maleza.jpg
Traballadores de SEAGA realizaron labores de limpeza e roce da maleza no perímetro da residencia oficial do presidente da Xunta. Denunciaron deste xeito a súa situación laboral e reclamaron o inicio inmediato de negociacións. O persoal de SEAGA evidenciou como se incumpre a Lei de Montes no contorno da vivenda de Núñez Feijoo, pois é obrigatorio manter limpo un perímetro de 50 metros arredor dos núcleos habitados.
07/3/12.

Paulo Rubido insiste en que a situación dos traballadores e traballadoras de SEAGA é nestes momentos insostíbel. Denuncia que aínda non se contratou ningún para a precampaña e que, a estas alturas, o máis grave é que nin sequera se sabe como se vai organizar a campaña de verán, nin con cantos traballadores se vai contar. CIG-Servizos, pola súa banda, anuncia novas mobilizacións

Desaloxo da base de Silleda

Axentes de policía desaloxaron, o 6 marzo, o grupo de traballadores de SEAGA que se encerrara na base helitransportada de Silleda. Os activistas decidiron saír polo seu propio pé, sen maiores incidentes. O persoal non desbota a ocupación doutras bases nos vindeiros días.