CIG-Servizos anima a participar na marcha a prol da reapertura da Torre de Hércules

20120413_presentacion_marcha_torre_de_hercules.jpg
A Federación de Servizos da CIG secunda a marcha que organiza para o 22 de abril a Asociación de Veciños de Atochas – Monte Alto a prol da apertura da Torre de Hércules, pechada arbitrariamente polo Concello o 15 de xaneiro. A manifestación partirá ás 17:00 horas desde a estatua de Breogán, no contorno do faro, e decorrerá pola avenida de Navarra, rúa da Torre, Campo da Leña e concluirá diante do Concello, na praza de María Pita.
16/4/12.

Manifesto dos colectivos participantes:

Os colectivos e asociacións presentes, a través do seguinte comunicado, esiximos ao goberno municipal do Partido Popular a reapertura inmediata do noso faro máis emblemático, patrimonio da humanidade, fonte de atracción turística e gardián silencioso da historia da nosa cidade e da Nosa Terra que permanece pechada sen explicación clara que o xustifique logo dunha enorme campaña entre o pobo da Coruña e de todos os apoios para conseguir que fose declarada Patrimonio da Humanidade.

Do mesmo xeito pedimos unha solución ao problema dos traballadores e traballadoras que foron despedidos e despedidas e que se atopan, actualmente, cun futuro incerto.

Por este mesmo motivo facemos un chamamento ao resto de axentes veciñais, sociais, culturais, deportivos, políticos e sindicais para que o vindeiro DOMINGO 22 DE ABRIL secunden a marcha baixo o lema “POLA APERTURA DA TORRE DE HÉRCULES” que sairá ás 17:00 HORAS dende o Breogán ao pé do faro até o Pazo de María Pita.

COLECTIVOS QUE APOIAN:

· AVV Atochas – Monte Alto – Torre de Hércules ·

· Traballadoras e Traballadores Torre de Hércules ·

· AVV Oza – Gaiteira – Os Castros ·

· AVV O Castrillón – Urbanización Soto «Iar» ·

· AVV Agra do Orzán ·

· BNG ·

· CNT ·

· PSdeG – PSOE ·

· Esquerda Unida ·

· C.I.G. ·

· C.U.T. ·

· O Sorriso de Daniel (Patrimonio Románico) ·

· Asociación Recreativa Cultural Palavea Bravú ·

· Plataforma Monte Pindo Parque Natural ·

· Galiza Nova ·

· Comités ·

· Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana ·

AdxuntoTamaño
Flyer da marcha866.38 KB