A CIG convoca folga xeral para a primeira quincena de xuño

Eleccións sindicais
A Executiva Confederal da CIG acordou, na súa xuntanza do 20 de abril, promover unha nova convocatoria de folga xeral para a primeira quincena de xuño. Estamos nun momento determinante por mor das políticas inxustas que está a ditar o Partido Popular, con recortes en educación, en saúde e impoñendo unha reforma laboral que, lonxe de promover a creación de emprego, busca precarizar as condicións laborais.
24/4/12.

O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, explicou que as organizacións sindicais teñen que convocar outra folga xeral como resposta á actitude do PP, que despreza as demandas dos milleiros de persoas que participaron na folga xeral e nas manifestacións do 29 de marzo.

Por iso, anunciou que a CIG se vai pór en contacto coas organizacións sindicais vascas e CCOO e UGT, fundamentalmente. “É fundamental que esteamos todos”, expresou Seixo en aras de garantir un seguimento tan grande ou maior que o rexistrado en marzo.