Isidro de la Cal despide cinco traballadores por secundaren a folga xeral

20120427_isidro_de_la_cal.jpg
Delegados da CIG-Servizos da Coruña concentráronse o 27 de abril diante das instalacións de Isidro de la Cal no polígono industrial do Espírito Santo para reclamar a readmisión de cinco traballadores despedidos como represalia pola súa participación na folga xeral do 29 de marzo.
27/4/12.

A pesar de que a empresa alega razóns económicas para xustificar os despedimentos, esta medida produciuse xusto despois da asemblea organizada polo xefe de produción –ao día seguinte da folga-, na que ameazou con que se ían producir despedimentos. 

Porén, estes despedimentos en ningún caso poden xustificarse por razóns produtivas ou económicas, xa que a empresa, que se dedica á transformación de peixe, continúa a contratar novo persoal a través de ETT´s.